Segundo os seus estatutos os fins da agrupación son:

  • O recreo, para o que contan co grupo de baile “Aturuxo” e a súa banda de gaitas.
  • A beneficencia e protección mutua entre os seus asociados, prestando axuda aos galegos que estivesen enfermos e sexan pobres de solemnidade.

Unido ao anterior, este centro a mediados do século pasado convertiuse nun referente, non só para a colectividade galega senón para toda a comunidade xa que alí se impartían clases de coro, gaitas e danzas galegas, ademais de contar cunha prestixiosa academia de secretariado.