Sede social

As actividades que periódicamente se celebran neste centro son:

  • Cursos de gaita e baile tradicional galego.
  • Cursos de lingua, literatura e cultura galegas.
  • Conferencias e charlas informativas.
  • Campionatos sociais de mesa.
  • Exposicións de escultura, pintura e debuxo.
  • Xornadas gastronómicas.
  • Taller de costura.
  • Excursións de tipo cultural ou de ocio.

O centro implícase moi activamente nos actos e celebracións que se desenvolven en Burgos e así participa na Festa de Reis, Festa S. Lesmes (patrón de Burgos), Festa de Carnavais, etc.
Pola súa parte organizan o Día das Letras Galegas, a Festividade de Santiago Apóstolo, Magosto, San Xoán, Día de Galicia en Castilla-León, etc., e manteñen relacións coas Peñas e Casas Rexionais asentadas na cidade.

No ano 2001 crearon a coral “Sinxelos” e editaron por primeira vez a revista “O Camiño”, ademais de manter vivo e activo un equipo de fútbol sala