Centro fundado o 9 de novembro de 1995, data na que un grupo de galegos unidos por un mesmo ideal constituíron esta entidade e redactaron os seus estatutos. Nesta etapa fundacional destacan as figuras de Dª Mª Carmen Rodríguez Suena e D. Emilio Rodríguez Castro, como primeiros impulsores e defensores do proxecto.
Nunha segunda etapa, xa de consolidación, tivo lugar a inauguración do centro o día 21 de maio de 1999 polo ex secretario xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.
O local, en réxime de arrendamento, ten unha superficie de 204 m2, dos que 80 m2 están subarrendados como bar-restaurante. O resto do espazo está equipado para dar servizo de comedor, xogos, sala de conferencias, e biblioteca.
Foille recoñecida a condición de galeguidade o 5 de xuño de 1997 e conta na actualidade con 393 socios, dos que 268 son galegos.
Logo de moito esforzo e traballo por parte de todos os socios e simpatizantes, o centro conseguiu un prestixio moi merecido que continúa ata agora, pois alí onde se celebra un acto multitudinario ou simbólico realza a Galicia e a Burgos coa súa presenza.
Pola súa sede pasaron figuras destacadas do mundo da política, da arte, da música e da danza, e moitos peregrinos que se encamiñan cara a Santiago de Compostela seguindo a rota do Camiño Francés.